<$BlogRSDUrl$>
Novo Espazo Ceibe creado por TellaCeibe ;)

Faltam apenas anos, meses, e




Este espazo foi creado para que todo o que queira nos poida mandar os seus escritos ao noso correo electronico TellaCeibe@msn.come nós publicaremosllos encantados, sempre que non ofenda moito a ninguen ;).
_________


Título: Sempre voltas ti ! !
Posteado por: <b><a href="http://spaces.msn.com/members/gande/" target="Hannah">Hannah</a></b>!
Data:
sábado, dezembro 04, 2004
Esgótanseme as bágoas; primeiro o desacougo.
Esgótaseme tamén o riso e o sorriso e oio a túa voz nun eco frío que me di, ”xa non te quero”; primeiro vaise o pranto segundo o esquezo.
Esgótaseme o ar, xa non o trae o vento, xa non volta a entrar nos meus pulmóns desertos; primeiro o mar, segundo o olvido, terceiro o aire en movemento.
E esgótase desta vez a túa voz da miña mente, do meu corazón dos meus anhelos; primeiro vaise a chuvia, despois marchan os medos, terceiro respirar, e cuarto escapas ti, sempre de último ti, que marchas co vento, co ar, cos sons, coas ondas, cos desexos e cun “xa non te quero”.

 

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -