<$BlogRSDUrl$>
Novo Espazo Ceibe creado por TellaCeibe ;)

Faltam apenas anos, meses, e




Este espazo foi creado para que todo o que queira nos poida mandar os seus escritos ao noso correo electronico TellaCeibe@msn.come nós publicaremosllos encantados, sempre que non ofenda moito a ninguen ;).
_________


Título: Onte vin outra vez ! !
Posteado por: <b><a href="http://spaces.msn.com/members/gande/" target="Hannah">Hannah</a></b>!
Data:
quinta-feira, dezembro 02, 2004
Onte vin outra vez as noticias, onte sentinme outra vez miserabel, ruin, culpabel. Si. Iso. Culpabel por non ser quen de axudar, de por a miña man nas súas feridas, e que non lles escape o sangue, e que non lles escape a vida.
Onte vin de novo as súas bágoas e sentín tamén as miñas, tempadas, tristeiras, ...paseniño, moi a modo e nelas reflectíronse unha a unha ,de novo as imaxes...
Onte voltei ver esas armas cruentas, eses homes que non o pensan... homes, homes....
E vin unha vez máis o medo nos seus ollos, que pouco a pouco, entre prantos e saloucos, entre berros... van pechando, pechando portas tras de si, mentres marcha pensando en calquera cousa, en que oxalá Deus exista, e o fin pechanse con medo á escuridade, ás sombras... á viaxe.

 

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -